Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

3º PROGRAMA ENTRELAZADOS


Hoxe teremos un monográfico moi especial na sección de literatura galega, escoitaredes unha minientrevista ao Grupo Vocal Entrelas que tiveron este pasado sábado un concerto no local social da sociedade amigos da paisaxe galega, escoitaremos de modo alternativo algunhas cancións que interpretaron no fabuloso escenario do Seixo.

Na pasada emisión da túa voz suxerinvos unha pregunta: Es partidaria, partidario, do dereito a decidir dos pobos históricos? Teño algunhas opinións dos oíntes vía email sobre este tema, e que lerei na vosa sección. Fareinos unha nova para a seguinte semana: Tiveches algunha experiencia paranormal? Podes relatala?

Neste entrelazados non teremos a sección de Misterios do mundo e da terra xa que para a vindeira semana farei un especial nesta sección cunha entrevista a unha médium.
Remataremos hoxe coa sección novas alternativas.

Podedes contestar por calquera destas vías, email entrelazadosnasondas@gmail.com ou pola conta de Twitter @EntrelazadosRT , e para a vindeira semana por teléfono 981371040 (bis).

0 comentarios :

Publicar un comentario