Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

4º Programa Entrelazados


Hoxe teremos un relato sobre memoria histórica na sección de literatura galega, escoitaredes unha marabillosa minientrevista a Xurxo Souto que presentou o pasado xoves na fundación Artabria o seu libro Contos do Mar de Irlanda, teremos a sección A Túa Voz con emails dos e das oíntes, na sección de misterios do mundo e da terra escoitaredes unha entrevista a unha muller ferrolá que ten o don de "Ver", lerei as novas alternativas que non me deu tempo ler a semana pasada e poreivos ao tanto das máis recentes, todo amenizado cos sons da música galega. Hoxe Mercedes Peón con Mareas vivas e Nacho López do Jarbanso Negro con A Marea no Xanrei. 

Na pasada emisión da túa voz suxerinvos unha pregunta: Tiveches algunha experiencia paranormal? Podes relatala? Teño algunhas respostas ao respecto, algunhas moi extensas de contar, polo que as lerei para a semana que vén e segue manténdose a mesma pregunta por se alguén máis quere animarse a contar a súa experiencia paranormal. 

Para contactar co programa tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040, na vosa sección “A túa voz” poderedes expoñer ou comentar todo aquilo que desexedes.

0 comentarios :

Publicar un comentario