Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

Sección A Túa Voz

 

A sección, A Túa Voz, é a vosa sección neste programa Entrelazados. Unha sección para os e as oíntes, onde poderedes falar, xa sexa por vía telefónica, por email ou por twitter. Nesta sección terá voz quen queira tela para denunciar, informar, opinar, para recordar vellos tempos e vivencias, ou para calquera outra cuestión que se expoña no programa.

Todos os programas fareivos unha pregunta, a cal podedes contestar cando comece a vosa sección por calquera das vías sinaladas. Estaremos entrelazados a través das ondas e entrelazaremos uns temas con outros para acadar belos momentos radiofónicos de intercambio de coñecemento.

0 comentarios :

Publicar un comentario