Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

As Minientrevistas

 Contos do mar de Irlanda 


Hoxe nas minientrevistas emitiremos unha entrevista realizada ao maravilloso Xurxo Souto no local social da Fundaçon Artabria aproveitando a presentación do seu libro Contos do Mar de Irlanda.

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA 

2ª Edición

«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.

0 comentarios :

Publicar un comentario