Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

Hoxe, de 21 a 22 horas, 6º Programa Entrelazados


Despois do éxito do especial Samaín, continuamos coa teima e volvemos coas seccións habituais do programa. Na sección de literatura galega  monográfico sobre as primeiras publicacións en lingua galega durante o século dezanove e comezos do vinte, (O Xornal O Tío Marcos da Portela, a publicación A Nosa Terra e a revista Nós). 

Nas minientrevistas retomaremos e emitiremos a entrevista completa de 18 minutos realizada en Ferrol a unha muller ferrolá que ten o don de ver. A experiencia de ver espíritos é tan antiga coma a mesma humanidade, hai persoas que teñen un don que outras non teñen. Falaremos con unha muller que explicaranos que é o que ve, e que hai a no outro lado.

Nesta sección trataremos as noticias máis relevantes no eido do periodismo alternativo. Novas que non contan os medios de comunicación normalizados, novas censuras polo poder, polas empresas poderosas e polos poderes económicos financeiros.

0 comentarios :

Publicar un comentario