Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

Especial Centenario do Real Coro Toxos e Froles

Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Nesta nova emisión programa Especial Real Coro Toxos e Froles co gallo do seu centenario. Escoitaremos primeiramente a canción Ferrolada, logo Pandeirada do Grove e rematamos con A Escala, todas elas cancións do seu Cd "100 Anos". Ademais escoitaremos un Monográfico sobre a historia desta agrupación folclórica e as entrevistas ao seu presidente Arturo Lamas e aos coristas Manuel Galán e o abandeirdo Miguel Vazquez.

Contacto:Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisión: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Tamén podes escoitar o programa vía streaming dende o blog: http://opaii.blogspot.com Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

0 comentarios :

Publicar un comentario