Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

4º Programa Entrelazados [II Temporada]

Magazine Científico Radiofónico: Alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo de Javier, Noelia e Daniel sobre A Saúde. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín: O tema de hoxe [Músicas de outras Terras]. Novas da Bisbarra: Sección a cargo de Rubén Dopico que trata sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra. Versións Alternativas: Sección de Roberto Carrodeguas sobre temas alternativos, conspiracións, chemtrails, desinformación, contraperiodismo, saúde alternativa e outras informacións de interese. Música Galega: Nesta ocasión a música de MJ Pérez (María José Pérez) é unha nova artista do panorama actual da música en galego. Aprendeu a tocar a guitarra aos 14 anos e ao pouco tempo comezou a compoñer os seus propios temas, descubrindo unha nova forma de expresarse a través da música. Fun testemuña dun estupendo concerto seu no Guarisnais de Ferrol o pasado domingo 08 de novembro. Escoitaremos primeiramente o tema [Morder a lingua] e de cara ao final do programa o escoitaremos o tema [Estoupar].
Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.comSubscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.htmlEmisións: Ao vivo, os mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

0 comentarios :

Publicar un comentario