Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

21º Programa Entrelazados [II Temporada]


As Minientrevistas: Minientrevista a Antón Rodríguez director e produtor, Graduado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental e Reportaxe xornalístico e ao Catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro para falar da vindeira presentación do documentario Vieiros de Esperanza sobre o profesor Ricardo Carvalho Calero, falar do documental sobre o literato ferrolán que foi realizado por Antón Rodríguez Fernández e que será presentado este venres ás 20.00 horas, na capela do Torrente Ballester dentro do marco do ciclo impulsado a prol do escritor ferrolán polo Concello de Ferrol e da plataforma Día das Letras Galegas 2017 para Ricardo Carvalho Calero. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín: O tema de hoxe: [Unha mensaxe de amor á música]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Henry Mancini].

 
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá.

0 comentarios :

Publicar un comentario