Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

Sección Literatura Galega



A propia xente galega que fala galego, en moitos casos, non son quen de teimar para mellorar a súa fala, enchéndoa de castelanismos, algo totalmente absurdo, pois coma dixera Don Ricardo Carvalho Calero: O Galego ou é galego portugués ou é galego castellano, non há outra alternativa. O se elixe o galego histórico, o galego – portugués ou o galego normativo con influencias lusista, senón se estará a falar o galego que máis lle interesa a moitos castelanistas que odian a nosa fala e desexan vela desaparecer. O galego castelán, non é nada, é un dialecto de cuño obrigado, de cuño imposto, que creceu pola desidia lingüística dos propios galegos.  Porén termos que coller conciencia e loitar pola nosa lingua histórica. 

Malia todo, a política neoliberal e ditatorial do PP está a esnaquizar o ensino en lingua galega, está a desbaratar os avances logrados por aqueles ilustres galegos, e tamén os obtidos tralo amencer da longa noite naquela representación teatral chamada Transición Española. Todo comeza por ti, por mirar cara a túa historia, por teimar para instaurar na túa vida e na vida dos teus achegados, un galego ben falado.

0 comentarios :

Publicar un comentario