Programa Entrelazados, na RâdioFilispíM

3º Programa Entrelazados [II Temporada]

Literatura Galega: Lectura do poema Nin Por Esas!, de Javier Valcarce Ocampo, que saíra publicado na revista Galicia Humorística aló polo ano de 1888. Magazine Científico: Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo de Cristina e Andrés sobre o Deporte. Músicas de Brasil e Outras Terras: O tema de hoxe [A Bossa Nova]. Novas da Bisbarra: Sección a cargo de Rubén Dopico que trata sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra. Música Galega: Música do V Festival de Cantareiras Mestura que tivo lugar o pasado día 3 de outubro en Meirás. Hoxe escoitaremos outro tema da Agrupación Folclórica e Cultural Donas e Galáns e tamén repetimos con outro dos cantareiros Os Carecos de Ortegal.
Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

0 comentarios :

Publicar un comentario